xuño, 2019

13xuñ11:00Enredando na rúaINTERVENCIÓN ARTÍSTICA | De balde11:00 Mirador Paseo Alfonso XII

Máis

Detalles do evento

O 13 de Xuño de 2019, APAMP leva a cabo a súa terceira Intervención Artística: “Enredando na Rúa” ca idea de construír unha gran rede que cubra a fonte e a praza do Paseo de Alfonso XII.

A finalidade do proxecto é ir tecendo relacións, aprendizaxes, complicidades e colaboracións, avanzando en cada nó ata construír unha obra común. Por iso queremos contar coa participación dos nenos e nenas da cidade, os veciños dos diferentes barrios, os maiores, os artesáns, artistas, os colectivos sociais, e todo aquel que desexe participar na construción desta rede que será unha gran obra colectiva de todos os vigueses e viguesas.

Os participantes deste proxecto elaborarán o seu tecido empregando calquera tipo de material (algodón, la, trapillo, fíos…), de ferramentas (agullas de gancho, de calceta, tear…) e de técnicas ( crochet, calceta, tecido con agulla…) para construír a rede.

O mesmo día da intervención, o 13 de xuño do 2019, cada persoa ou colectivo unirá a súa peza o resto da obra para dar forma e concluír a obra final que cubrirá toda a fonte e a praza.

Os que queirades aportar as vosas creacións, podedes presentarvos no mesmo día da actividade, ou ir preparando o voso tecido en actividades como esta do colectivo de moda sostible FENTO.

Enredando na rua

Hora

(Xoves) 11:00

Lugar

Mirador Paseo Alfonso XII

Paseo de Alfonso XII, 3, 36202 Vigo, Pontevedra

X