novembro, 2019

18novalldayEnlazaVigoEXPOSICIÓN | De balde(Todo o día) O Calvario

Máis

Detalles do evento

Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o 25 de novembro de cada ano, a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e mailo Consello Municipal da Muller poñen en marcha un conxunto de accións dirixidas a sensibilizar a sociedade sobre a violencia que se exerce contra as mulleres.

Desde o convencemento de que é a mellor estratexia contra a violencia de xénero, traballan no eido da prevención e concienciación, principalmente coa xente moza, para conseguir que as novas xeracións se impliquen activamente para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria para todas e todos. Por isto, buscando a implicación da comunidade educativa dos centros de ensino secundario da cidade, desde o ano 2011, organizan a iniciativa ENLAZA-VIGO-reacción cidadá contra a violencia de xénero.

Nesta iniciativa traballan en conxunto con numerosos centros educativos da cidade propoñendo actividades baixo un tema. O de este ano é a identificación de micromachismos.

Con todas as achegas dos centros participantes organízase unha Exposición colectiva, que se localizará no paseo peonil do Calvario, no cruce con rúa Aragón, dende o luns 18 de novembro ata o mércores 27 de novembro

Hora

novembro 18 (Luns) - 27 (Mércores)

Lugar

O Calvario

Rúa de Urzáiz, 183, 36205 Vigo, Pontevedra

X