decembro, 2019

28dec20:00'Enésima patada con amor' + 'Chico!'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00 Café Uf

Máis

Detalles do evento

-Samuel Merino (www.pompaeboato.com ) presentará “Enésima patada con amor” cun recital de poemas extraídos da obra.
-Pablo Carreiro (www.pablocarreiro.es ) presentará “Chico!” cunha exposición de láminas, tiras e bocetos orixinais.

-“Enésima patada con amor” é o resultado dun exercicio forzoso e, en ocasións, forzado, de introspección. É o resultado de anos escuros de enfermidade e perda de horizonte. É un conxunto de cincuenta textos cos que o autor vos convida a darvos un paseo polo que, durante o últimos sete anos da súa vida, foi a súa paisaxe. Este conxunto de poemas que se xestaron na dor vén nacer agora definitivamente cunha sensación de alegría imperturbable. A alegría de saber vir da sombra á luz. A alegría de saber matarse moitas veces para nacer tantas outras. A alegría de comprender que non é certo que o que non che mata faiche máis forte senón que simplemente debemos facernos fortes para que o que nos quere matar non o consiga xamais.

-“Chico!” Berto cumpre máis de vinte e cinco, ten un traballo modesto, vive sen andrómenas e ten bo humor polas mañás. Ás veces o seu futuro desconcértalle e outras se envalentona á hora de afrontalo. Introvertido, pero non moito, melancólico e ás veces deslenguado. En ocasións, conta historias para si mesmo e outras veces simplemente víveas. Chico! é unha colección de tiras autoconclusivas que comparten o amor polo cotián e o día a día dun mozo corrente.

Hora

(Sádado) 20:00

Lugar

Café Uf

Pracer, 19, 36202 Vigo, Pontevedra

X