Detalles do eventos
Encordass Fiddle Fest é un festival especializado no fiddle e a música de corda alternativa. Co violín como fío condutor, explora as conexións da música popular e de raíz
Detalles do eventos
Encordass Fiddle Fest é un festival especializado no fiddle e a música de corda alternativa. Co violín como fío condutor, explora as conexións da música popular e de raíz en diferentes culturas, fusionando artistas internacionais con música galega nun espazo natural tan especial como é a Illa de San Simón. O obxectivo do evento é achegar o violín ao público, desmontando o tópico social que o relega á esfera formal da música clásica e demostrando que é un instrumento accesible, plural e versátil.
Esta edición ten un significado especial ao estar dedicada á música escocesa, unha tradición fundamental para entender a evolución do violín folk en Galicia. Nos anos 80, co nacemento do folk galego, os primeiros violinistas que se achegaron á música popular atoparon en Escocia e Irlanda referentes esenciais dos que aprender unha nova maneira de tocar o violín na nosa tradición.
Por segundo ano consecutivo o concerto inuagural terá lugar no Museo do Mar, que terá lugar o xoves 2 de xullo ás 19:00 h e contará coas actuacións de balde de Scottish Fish, Elias Alexander e Abril. O resto do festival terá lugar do venres 3 a domingo 5 na Illa de San Simón, onde haberá unha decena de escenarios repartidos por toda a illa. Preme aquí para mercar as túas entradas.
🎻 @scottishfishband (Estados Unidos) presenta unha proposta enerxética e fresca de música tradicional escocesa e de Cape Breton, cun son coidado e arranxos creativos interpretados por cinco músicas de longa traxectoria na escena celta.
🎻 @abril.wav (Galicia) presenta o seu primeiro traballo, ‘Medrar’, unha proposta que aposta pola música de raíz cun enfoque intimista e centrado na calidade interpretativa e no valor do acústico.
🎻 @eliasalexandertradig (Estados Unidos) é un multiinstrumentista e compositor que mestura tradición, electrónica e improvisación en directo, construíndo unha sonoridade moi propia baseada en gaitas, frautas, violín e loops en tempo real.
Concerto inaugural do Encordass Fiddle Fest · As músicas atlánticas
📍 Museo do Mar de Galicia
📅 Xoves 2 de xullo 🕖 19:00 h
🎫 Entrada libre
Hora
2 xullo, 2026 19:00(GMT+02:00)
Localización
Museo do Mar
Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xullo


