>

03xul(xul 3)17:3505(xul 5)22:30Encordass Fiddle FestFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 35,00 €17:35 - 22:30 (5)(GMT+02:00) Illa de San Simón

Detalles do eventos

Encordass Fiddle Fest, festival internacional de violín tradicional, celébrase na Illa de San Simón do 3 ao 5 de xullo coa música escocesa como protagonista. O día 2 de xullo haberá un concerto inaugural no Museo do Mar.

Encordass Fiddle Fest é un festival especializado no fiddle e a música de corda alternativa. Co violín como fío condutor, explora as conexións da música popular e de raíz en diferentes culturas, fusionando artistas internacionais con música galega nun espazo natural tan especial como é a Illa de San Simón. O obxectivo do evento é achegar o violín ao público, desmontando o tópico social que o relega á esfera formal da música clásica e demostrando que é un instrumento accesible, plural e versátil.

Esta edición ten un significado especial ao estar dedicada á música escocesa, unha tradición fundamental para entender a evolución do violín folk en Galicia. Nos anos 80, co nacemento do folk galego, os primeiros violinistas que se achegaron á música popular atoparon en Escocia e Irlanda referentes esenciais dos que aprender unha nova maneira de tocar o violín na nosa tradición.

Esa relación consolidouse coa conexión entre o violinista escocés Alasdair Fraser e Alfonso Franco, profesor da Etrad e director do festival. Fraser convidou ao músico galego a participar como profesor no Sierra Fiddle Camp de California en 2011 e 2012, unha experiencia que inspirou a creación de San Simón Fiddle e, posteriormente, de Encordass Fiddle Fest na Illa de San Simón. A presenza de Fraser no festival como cabeza de cartel supón unha oportunidade singular para celebrar os vínculos históricos e musicais entre Galicia e Escocia da man dunha das figuras máis influentes do fiddle a nivel internacional.

Tras o concerto inaugural do día 2 no Museo do Mar, os días 3, 4 e 5 de xullo o festival trasládase á Illa de San Simón e combinará artistas galegos, como Fernando Barroso, Tonecho Castelos e Pablo Esqueira dúo e Abril; con artistas internacionais como Alasdair Fraser, Elias Alexander, Katie McNally ou Neil Pearlman que achegan diferentes tradicións musicais do ámbito atlántico. 

Venda de entradas

As entradas para acudir os días 3, 4 e 5 de xullo á Illa de San Simón xa están á venda en Entradium, con prezos que van desde os 35 aos 60 euros. Todas as entradas inclúen o traslado en barco para a ida e para a volta. Existen diferentes modalidades de acceso con prezos populares, ademais dun 15% de desconto coa Tarxeta Xove, pensionistas ou persoas desempregadas.

As xornadas do venres e o sábado serán só de tarde, con saída ás 17:35 h desde o porto de Meirande. A experiencia inclúe música en vivo durante o paseo en barco e visita guiada pola illa.

O domingo o festival terá lugar desde o mediodía ata a noite, con opción de ida e volta desde Vigo e Meirande, con máis de corenta actuacións, catas e outras actividades paralelas.

EMBARCADOIRO HORA PREZO
VENRES 3
Meirande 17:35 35€
SÁBADO 4
Meirande 17:35 35€

DOMINGO 5
Vigo* 11:15 60€
Meirande 11:45 45€
Meirande 12:30 45€
NOTA SOBRE VIGO (*): A entrada inclúe o traslado de ida en barco á illa co traxecto Vigo → Meirande→ IllaRegreso: Dende a Illa a Meirande en barco, e logo á Estación Marítima de Vigo en minibús ou taxi, en función do número de entradas vendidas.
Horas saída illa
Venres

22:30 Destino Meirande
Sábado
22:30 Destino Meirande- Vigo
Domingo
21:00 / 23:30 / 24:00 (a saída das 23:30 inclúe traslado en minibús a Vigo para público do barco das 11:15).

ENTRADAS

Hora

3 xullo, 2026 17:35 - 5 xullo, 2026 22:30(GMT+02:00)

Localización

Illa de San Simón

Illa de San Simón, Pontevedra

Other Events