CASTRELOS 25

27xuñ18:0022:30Encordass Fiddle FestFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 50,00 €18:00 - 22:30(GMT+02:00) Illa de San Simón

Detalles do eventos

Do 26 ao 29 de xuño, o arquipélago de San Simón convértese no corazón do folk internacional coa celebración de Encordass Fiddle Fest, un dos festivais máis singulares do panorama cultural galego. Este evento, dedicado aos instrumentos de corda, combina concertos, talleres, danza e experiencias inmersivas nunha chamativa contorna natural e histórica.

Nesta edición o Encordass Fiddle Fest ten un marcado acento grego, coa participación de artistas como Christos Kanellos, Kelly Thoma, Jako, Muzikante ou Rebetiko Trío, que traerán sons do Mediterráneo oriental ao Atlántico galego. Tamén estarán presentes nomes destacados da música tradicional galega, como Abril, Ismael Cabaleiro Trío, Pärbo, As Xoubas ou Darach.

O festival arrinca o xoves 26 cunha xornada de reflexión ao redor da memoria histórica e unha viaxe musical de San Simón a Makronisos, a illa grega utilizada como campo de prisioneiros políticos. Pola tarde, o Museo do Mar acollerá o concerto inaugural con artistas gregos e galegos.

Os días venres 27 e sábado 28, a actividade trasládase á Illa de San Simón. Haberá visitas guiadas musicalizadas, obradoiros de danza grega e galega, e concertos á tardiña en escenarios naturais como a capela, o patio ou o campo. Algúns dos artistas que poderemos escoitar son Chelsea House Orchestra, Parapente 700, Violeta Veinte ou Carla & Oriol Saña.

O domingo 29, o festival alcanza o seu clímax con máis de 10 horas ininterrompidas de música. Poderase gozar de concertos simultáneos en distintos espazos, sesións de bal folk, danzas tradicionais, show cooking de inspiración grega, e un gran concerto final coa participación de todos os artistas. Ademais, os pequenos terán o seu propio espazo con actividades infantís como disfraces gregos, miniviolíns e cata de refrescos.

As entradas xa están dispoñibles na web oficial do festival e ofrécense en distintas modalidades. 

Os prezos van desde 35,00 € a xornada do venres a 50,00 € o domingo. Todas elas inclúen o trasporte en barco desde Vigo ou Meirande ata a illa e dan acceso a todas as actividades, agás as clases de instrumento. As persoas pensionistas ou posuidoras do Carné Xove terñen un desconto do 15%.

Máis

Hora

27 xuño, 2025 18:00 - 22:30(GMT+02:00)

Localización

Illa de San Simón

Illa de San Simón, Pontevedra

Other Events