Encontro literario: Noemí Villamuza + Antonio García Teijeiro
Detalles do eventos
O escritor Antonio García Teijeiro e a artista plástica Noemí Villamuza conversarán sobre “Poesía e ilustración” nun encontro que se celebrará este venres, 27 de
Detalles do eventos
O escritor Antonio García Teijeiro e a artista plástica Noemí Villamuza conversarán sobre “Poesía e ilustración” nun encontro que se celebrará este venres, 27 de setembro, a partir das 18:30 horas na libraría LIBROS PARA SOÑAR (rúa Triunfo, 1) de Vigo. Autores cunha ampla e recoñecida traxectoria, reúnense no marco da quinta edición do programa Afinidades electivas, promovido pola Dirección General del Libro, del Cómic y de la Lectura, do Ministerio de Cultura.
Á marxe das súas respectivas bibliografías como poeta e ilustradora, Antonio García Teijeiro e Noemí Villamuza, teñen asinado conxuntamente a obra «Os ecos do vento», publicado este ano no catálogo de KALANDRAKA. Trátase dunha homenaxe a doce mulleres creadoras, poetas ou narradoras de diferentes xeracións e procedentes de ambas as beiras do Atlántico.
Máis
Hora
27 setembro, 2024 18:30(GMT+02:00)
Localización
Libros para soñar
Rúa Triunfo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes