
Detalles do eventos
Como parte das actividades desenvolvidas ao redor da exposición GUILLERMO MONROY presentada en SVT Espazo de Arte, coorganízase este Encontro no que sinalados artistas, críticos e especialistas en
Encontro-debate sobre GUILLERMO MONROY
Como parte das actividades desenvolvidas ao redor da exposición GUILLERMO MONROY presentada en SVT Espazo de Arte, coorganízase este Encontro no que sinalados artistas, críticos e especialistas en arte contemporánea, debaterán, analizarán e propoñerán un achegamento á traxectoria vital e artística de Guillermo Monroy desde unha perspectiva estritamente contemporánea.
Guillermo Monroy é un artista fundamental dentro da historia máis recente da arte contemporáneo na nosa comunidade, historia viva que é necesario coidar e preservar. Así este Encontro preséntase como exercicio de memoria e chamada de atención sobre unha produción artístico de extraordinaria calidade, que xa forma parte indisoluble do noso imaxinario colectivo.
Participan:
María Luisa Sobrino
Xosé Carlos Bernárdez
Manolo Figueiras
Miguel Anxo Rodríguez
Moderador: Anxo Cerviño
Máis

(Mércores) 19:30
SIRVENT. SVT Espacio de Arte
Av. da Gran Vía, 129, 36204 Vigo, Pontevedra