Encontro De Agrupacións Dos Conservatorios Profesionais De Música – A Movida

abril, 2018

20abr19:00Encontro De Agrupacións Dos Conservatorios Profesionais De MúsicaCONCERTO | De balde19:00 Conservatorio Superior (O Castro)

Máis

Detalles do evento

ENCONTRO DE AGRUPACIÓNS DOS CONSERVATORIOS PROFESIONAIS DE MÚSICA:
– Orquestra Sinfónica do Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra
– Orquestra “Senior” do Conservatorio Profesional de Música de Vigo

Orquestra Sinfónica do Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra

Director: Francisco Javier Mora
A orquestra sinfónica do CMUS Manuel Quiroga é una das formacións representativas do traballo no centro
Pontevedrés. O actual proxecto viu a luz da man dos profesores Fco. Xabier Mora e Xacobe Lamas no ano 2014, nun intento de ir máis alá no proceso de aprendizaxe. Todo nace a través dun traballo intensivo de parciais conducidos por cada un dos mestres de apoio e, ao fin, converxe na idea final musical do director. Este tipo de traballo é fundamental para que os alumnos do Cmus experimenten a súa labor orquestal dun xeito practicamente profesional. Actualmente a OSCMQ participa en festivais tan importantes coma o Musika-Música no Euskalduna de Bilbao e colabora con outros centros da xeografía galega con asiduidade.

Programa:
L. van Beethoven (1770-1827)
Egmont. Overture. Op. 84

P. I. Tchaikovsky (1840-1893)
Tres danzas da Suite O Quebranoces, Op.71a

M. de Falla (1876-1946)
El amor brujo. Danza ritual de fuego

D. Milhaud (1892-1974)
Scaramouche. Op.165. Brazileira

Ottorino Respighi (1879-1936)
I pini di Roma. I pini della via Appia.

Orquestra “Senior” do Conservatorio Profesional de Música de Vigo
Director: Juan Carlos Díaz Álvarez

O Conservatorio Profesional de Música de Vigo, desde a súa creación, ten a inquietude de promover a realización de diferentes actividades fora do Centro, co obxectivo de ofrecer espazos e activar proxectos para o alumado que teña unha repercusión de beneficio na formación do mesmo. Esta orquestra é unha das cinco agrupacións orquestrais coas que conta o Centro e este concerto é froito da relación que existe entre os Conservatorios Profesional e Superior desta cidade para a realización de actividades conxuntas.

Programa:

Edvard Grieg (1843-1907)
Sigurd Jorsalfar, Suite Op.56 I. Prelude II. Intermezzo III. Marcha

Franz Lehár (1870-1948) Arr: William Ryden
Vilia “La viuda alegre”

Isaac Albéniz (1860-1909) Arr: Clark McAlister
Suite Española, Op. 47 I. Sevilla

Adolph Schreiner (1841-1894) Arr: George S. Howard Rev: Albert
O. Davis
Immer Kleiner Clarinete solo e Orquestra.
Clarinete solista: Pedro Villanueva Comesaña

William. C. Handy (1873-1958) Arr: Mike Lewis
ST. Louis Blues

Hora

(Venres) 19:00

Lugar

Conservatorio Superior (O Castro)

Calle de Manuel Olivie, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

X