REVISTA ABRIL

Encontro con Olga Novo

04xan18:30Encontro con Olga NovoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:30(GMT+01:00) Ateneo Atlántico

Detalles do eventos

O libro do club lectura do Ateneo Atlántico de xaneiro de 2022 foi ‘Feliz Idade’, de Olga Novo. Daquela non se puido celebrar a xuntanza. Agora, por fin lograron axustar axendas e podem anunciar con moita felicidade a visita de Olga Novo ao club de lectura do Ateneo Atlántico.

Na xuntanza, que estará aberta ao público en xeral, Olga recitará algúns dos poemas da súa ‘Feliz Idade’, unha obra mestra da poesía galega contemporánea; gañadora do Premio Nacional de Poesía 2020, do Premio da crítica española, do Premio da crítica galega e do Premio da Gala do libro galego.

Na acta, o xurado do Premio nacional de poesía destacaba que estamos ante un “relato vitalista que celebra o amor e a existencia máis aló do tempo”, que establece unha ponte entre “a maternidade e a morte cunha fonda presenza crítica da memoria histórica.

Mércores 4 ás 18:30

Acceso libre

Máis

Hora

(Mércores) 18:30(GMT+01:00)

Localización

Ateneo Atlántico

Rúa do Doutor Cadaval, 17-b 36202 Vigo Pontevedra

Other Events