Encontro con escritoras: María Reimóndez

09set19:3020:30Encontro con escritoras: María ReimóndezACTIVIDADES PARA O COCO| De balde 19:30 - 20:30(GMT+02:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

Detalles do eventos

O xoves 9 de setembro ás 19:30 horas terá lugar o encontro coa escritora María Reimóndez na Biblioteca Xosé Neira Vilas.

María Reimóndez (Lugo, 1975) ademais de escritora é tradutora e intérprete de profesión, destacando tamén a súa faceta como activista no campo da cooperación ao desenvolvemento, o feminismo ou a defensa da lingua galega. Como escritora abordou con éxito distintos xéneros literarios, como a narrativa, a poesía ou o ensaio, colleitando numerosos premios en todos eles: o último, o Premio Pinto e Maragota pola diversidade sexual e de xénero do Concello de Pontevedra por Cobiza (Xerais 2021). Ademais, ten publicados numerosos títulos de literatura infantil e xuvenil, eido no que goza tamén de gran recoñecemento, e conta cunha longa carreira como tradutora literaria.

O aforo será limitado, e a inscrición pode facerse a partir do 19 de agosto ás 10:30 horas de maneira presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou be a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuita e as prazas cóbrense por orden de inscrición.

 

Máis

Hora

(Xoves) 19:30 - 20:30(GMT+02:00)

Localización

Biblioteca Xosé Neira Vilas

Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events