Terrazas Literarias: Elba Pedrosa
Detalles do eventos
Encontros literarios na terraza da Bilbioteca Neira Vilas. Gratuítos. Luns 4 de setembro ás 19:30h – Elba Pedrosa [CANCELADA]
Detalles do eventos
Encontros literarios na terraza da Bilbioteca Neira Vilas. Gratuítos.
Luns 4 de setembro ás 19:30h – Elba Pedrosa [CANCELADA]
Colabora con distintos medios de comunicación. É tamén actriz, bailarina, presentadora de televisión e xornalista. Participou na Dirección Creativa de compañías de publicidade e comunicación durante máis de 15 anos.
Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou como consultora e formadora en creatividade e oratoria para institucións públicas e privadas. Colaborou coa Fundación Botín a través do programa Educación Responsable, como formadora de docentes en Creatividades. Ademais impartiu formación ao profesorado desde o CAFI (Centro autonómico de formación e innovación de Galicia).
Martes 12 de setembro ás 19:30h – Arantza Portabales
Comezou a escribir en 2013, no xénero do microrrelato. Mantén activo o blog de microficción Una nube de historias no que publica regularmente microficción. Con Deixe a súa mensaxe despois do sinal (2017) foi finalista do Premio San Clemente e do Premio Novela Europea Casino de Santiago. A novela foi traducida ao español, italiano, alemán e hebreo.
En 2019 publicou a novela negra Beleza Vermella ao mesmo tempo en galego (Galaxia) e castelán (Lumen). Tamén traducida ao italiano. Tamén e autora de Historias dementes (2020), A Vida secreta de Úrsula Bas (2021), e O home que matou a Antía Morgade (2023).
Máis
Hora
4 setembro, 2023 19:30(GMT+01:00)
Localización
Biblioteca Xosé Neira Vilas
Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes