CAMELIAS

Encontro Celeste Garrido e Arantxa Portabales

06mar12:00Encontro Celeste Garrido e Arantxa PortabalesACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:00(GMT+01:00) Museo Marco

Detalles do eventos

Escritora e artista falarán sobre a súa actividade creativa, e de como xurdiu a conexión entre a novela Beleza vermella (Galaxia, 2019) e as obras de Garrido presentes na súa exposición no MARCO, durante unha sesión matinal literario-artística dirixida a participantes no Club de Lectura.

Sábado 6 de marzo ás 12.00, no salón de actos
Para participantes Club de Lectura #BiblioMARCO
A sesión será gravada en vídeo e emitida posteriormente na canle Youtube do MARCO, para calquera persoa interesada.

sábado 6 de marzo, nas vésperas do Día Internacional da Muller, o salón de actos do MARCO acollerá un encontro literario-artístico protagonizado pola escritora Arantza Portabales e a artista Celeste Garrido. Unha actividade que se encadra nas actividades do Club de Lectura #BiblioMARCO, e que será presentada e moderada pola súa responsable, Iria Fernández Mouriz.

Nesta ocasión, o punto de partida é a conexión entre Arantza Portabales e Celeste Garrido, cuxa exposición “Os teus ollos din o que a túa boca cala” continúa aberta no MARCO ata o 4 de abril. O vínculo entre escritora e artista xurdiu á hora de abordar a novela Beleza vermella (Galaxia, 2019), para a que Portabales tomou como inspiración algunhas das obras de Garrido, guiada pola súa forza visual, polos seus contidos e reflexións, moi relacionados coa identidade e con cuestións de xénero, e pola súa calidade poética. Unha novela negra na que a obra de arte acaba converténdose en parte esencial da trama e nunha das protagonistas do relato.

Máis

Hora

6 marzo, 2021 12:00(GMT+02:00)