xullo, 2019

09xul20:00'En las orillas del Sar' de Rosalía de CastroACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00 Librouro

Máis

Detalles do evento

martes 9 de xullo, ás 20:00 horas na Librería Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) terá lugar a presentación de “En las orillas del Sar”, o clásico da matriarca das Letras Galegas, Rosalía de Castro, en edición con estudo e anotacións de Anxo Angueira e que ven de saír do prelo da man de Edicións Xerais de Galicia.

No acto, gratuito e de acceso libre ata completar aforo, a maiores do profesor e escritor Anxo Angueira (Presidente da Fundación Rosalía de Castro) intervirán coma presentador o editor Fran Alonso e o esgrevio escritor Xosé Luís Méndez Ferrín.

Despois de “Cantares gallegos” (1863) e “Follas novas” (1880), “En las orillas del Sar” (1884) é un salto adiante e definitivo por parte da autora á hora de situarse na literatura moderna europea, na “Weltliteratur”. Contrariamente á visón da obra como unha dimisión, demóstrase aquí o seu intenso carácter nacional galego, tanto no histórico-político, como no cultural ou literario.

Hora

(Martes) 20:00

Lugar

Librouro

Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra

X