REVISTA NADAL

10xan20:00San Brais: Serán popularAS NOSAS FESTAS | De balde20:00(GMT+01:00) Bembrive

Detalles do eventos

Aínda non rematou o Nadal, pero en Bembrive xa teñen todo preparado para a festa con máis sona da parroquia: o San Brais. Ao longo de toda a parroquia, alpendres e garaxes convértense durante estas datas en furanchos nos que degustar viño e tapas tradicionais e onde nunca falta o ambiente festivo e a música ao vivo.

Ao igual que nas pasadas edicións, un dos primeiros eventos é un serán popular o sábado 10 de xaneiro. A comisión de festas lanza esta iniciativa para promover a música tradicional durante toda a festa. O serán está limitado a quince agrupacións que se seleccionarán por estrita orde de inscrición (por whatsapp no 644 46 40 51), cada grupo recibirá trinta tintocoins dos que poderá facer uso nos diferentes furanchos.

A programación continúa as seguintes fins de semana ata o martes 3 de febreiro, día grande, no que se agarda que milleiros de romeiros acudan a parroquia viguesa.

Se queredes coñecer máis sobre esta festividade, podedes ler máis nesta reportaxe que fixemos o ano pasado.

Hora

10 xaneiro, 2026 20:00(GMT+01:00)

Localización

Bembrive

Estrada de Bembrive, 260, 36313 Vigo, Pontevedra

Other Events