bannerConfinarte
bannerSGPL

febreiro, 2020

19feb21:00Emily Jane WhiteCONCERTOS | Desde 8,00€21:00 Radar Estudios

Máis

Detalles do evento

Cunha dilatada carreira, a artista californiana Emily Jane White soubo dotar ás súas composicións dun toque persoal e maduro ao longo destes anos. O seu folk escuro arroia con todo ao seu paso para converter os nosos corazóns en cinzas.

No seu novo traballo “Immanent Fire”, White pon sobre a mesa as grandes preocupacións do noso século. O clima como principal temática, de forma apocalíptica, cun planeta ao bordo da destrución, con moitas especies en perigo de extinción, esa aniquilación lenta e irreversible sen a nosa intervención positiva. Emily vai mostrando o camiño cara ao interior de nós mesmos, para demostrar que en nós está o cambio posible e desterrar estes tempos depresivos e escuros.

Co folk como principal arma, Emily sempre ten melodías que nos atrapan, “Washed Away” é ,sen dúbida, unha das cancións que se enganchan e que lembran ao Nick Cave dos tempos de “Murder Ballads”. Cancións espectrales con lixeiros toques electrónicos, ese toque gótico tan sutil e tan presente en toda a obra da artista de San Francisco, e o folk que se coa por todos lados, “Immanent Fire” é unha nova peza nesa carreira que Emily Jane White está a cocer a lume lento, sen présa, pero cunha seguridade e un talento tremendos.

Hora

(Mércores) 21:00

Lugar

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra

X