Eliot Zigmund Trio – A Movida

decembro, 2018

05dec21:30Eliot Zigmund TrioCONCERTO | Desde 10,00€21:30 A Sede RC Celta

Máis

Detalles do evento

Batería neoiorquino con máis de 50 anos de traxectoria profesional, Eliot Zigmund formou parte das bandas de Don Friedman, Stan Getz e Michel Petrucciani e colaborou en estudo con figuras como Neil Sedaka, Dionne Warwick e The Pointer Sisters, entre moitos outros. Músico de gran precisión e sensibilidade cun admirable currículo tamén no campo educativo, chega ao Ciclo 1906 cun consolidado novo músico da escena barcelonesa e un saxofonista tenor de referencia, Chris Cheek, prolífico sideman de Charlie Haden, Paul Motian e Guillermo Klein, entre moitos outros. Autor dunha breve, pero admirable produción discográfica como líder, Zigmund sorprenderanos, como din del en All About Jazz, pola súa sutileza á hora de acompañar a música dos seus compañeiros.

Chris Cheek, saxo tenor
Eliot Zigmund, bateria
Manel Fortià, contrabaixo

Hora

(Mércores) 21:30

Lugar

A Sede RC Celta

Sede Real Club Celta de Vigo

X