VIALIA
bannerPicnicSesions

Elephants Yard + Modulador de ondas

11set12:0022:00Elephants Yard + Modulador de ondasCONCERTOS| 10.00 €12:00 - 22:00(GMT+02:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

O sábado 11 de setembro actuará na Fundación Sales Elephants Yard, a banda de música xamaicana, explora os subestilos do Reggae, dende o Ska, Rocksteady, Raggamuffin, Rub-a-Dub ou Early Dancehall. Nesta ocasión estarán acompañados por Paulo Pascual, o Modulador de ondas, unha das poucas perosas en España cuxo instrumento é o theremín.

Elephants Yard leva ofrecendo shows en directo dende o 2015, tanto como banda de acompañamento de cantantes xamaicanos como o arquicoñecido «Vivian Jones», ou proxectos máis persoais como o que os últimos anos leva a banda a xirar pola península ca prolífica cantante High Paw, a cal tamén forma parte da banda. Elephants Yard tamén ofrece un traballo de base, levando a música Reggae ás pequenas salas e escenarios ofertando un show de versións clásicas do Reggae. A amplitude do repertorio permite ofrecer unha sesión de covers de calquera estilo xamaicano, dende ritmos máis oldies (Ska, Rockstrady, Calypso), clásicos do Reggae 70’s ou un show máis moderno centrado no Rub-A-Dub (Rap Xamaicano),Dancehall e RaggaeMuffin.

A xornada da sales comezará antes, pois xa na sesión vermú poderemos desfrutar da música da cantante High Paw, acompañada por Mr. Mou.

Desde o mediodía tamén estará instalado no xardín un mercado de artesanía e prendas vintage, o Verbena Market, onde atoparemos a Ana Freiría, Imhellbell Love & Reuse, Luciérnaga Graphics, Machiña, Nomad Moods, Olalla Fernández, Papayan Swimwear, Patty & Selma, Bego Arana & Ana Pérez y Belén Diz Juncal . O Verbena Market tamén estará presente no concerto de Bafana Bafana o xoves 9, aínda que a oferta de artesáns muda en cada data.

Durante a xornada tamén se desfrutará do DJ Set en vinilo de Frida Kalvo e Tropical Boy.

O prezo da entrada inclúe unha consumición (auga, cervexa ou refresco).

Máis

Hora

(Sábado) 12:00 - 22:00(GMT+02:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events