
25abr19:30ElasongCONCERTOS | Desde 7,00 €19:30(GMT+02:00) Auditorio do Centro Cívico de Teis
Detalles do eventos
O coro de mulleres Elasong cumpre 10 anos de historia, e celébrao o 25 de abril cun gala-concerto moi especial no Auditorio Municipal de Teis, unha data cargada
Detalles do eventos
O coro de mulleres Elasong cumpre 10 anos de historia, e celébrao o 25 de abril cun gala-concerto moi especial no Auditorio Municipal de Teis, unha data cargada de simbolismo: o Día da Revolución dos Caraveis.
Baixo a batuta de Carmen Rosende, 41 voces femininas interpretarán a tres voces clásicos inesquecibles dos anos 60 e 70. Cancións como Eternal Flame, California Dreaming ou House of the Rising Sun cobrarán nova vida nas harmonías creadas por Alberto Sánchez especialmente para Elasong.
Unha velada para celebrar a música, a liberdade e a forza de cantar xuntas. Máis que un concerto, será unha festa para os sentidos nun día que conmemora o espírito de cambio e esperanza.
Entrada anticipada 7€ e en taquilla 10€.
Máis
Hora
25 abril, 2025 19:30(GMT+02:00)
Localización
Auditorio do Centro Cívico de Teis
Rúa dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres, 12, 36207 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual