29xul20:00Elas. As de BouzasARTE E MUSEOS | De balde20:00(GMT+02:00) Pérgola de Bouzas
Detalles do eventos
Esta é a primeira exposición dunha iniciativa que vai ter percorrido: un homenaxe ás mulleres de Bouzas, de tódalas épocas, idades e ámbitos. A Cultural de Bouzas darlle
Detalles do eventos
Esta é a primeira exposición dunha iniciativa que vai ter percorrido: un homenaxe ás mulleres de Bouzas, de tódalas épocas, idades e ámbitos. A Cultural de Bouzas darlle visibilidade ás nosas mulleres, ás mulleres que fixeron, fan e farán historia en Bouzas.
Inauguran con 10 de estas mulleres, as 10 primeiras de “Elas. As de Bouzas”, cunha exposición gráfica na Pérgola que dará conta da súa relevancia, da súa presenza na nosa vida e na nosa historia. Como di no eslógan: “Contar con elas e contalas”.
A exposición gráfica estará exposta na Pérgola do 29/07 ao 29/09/2023, para que paseedes pola historia destas 10 mulleres. Inauguración 29 de xullo ás 20:00.
Hora
29 xullo, 2023 20:00(GMT+02:00)
Localización
Pérgola de Bouzas
Unnamed Road, 36208 Vigo, Pontevedra


