CAMELIAS NADAL

Este é un evento repetitivo

28nov20:00El vueloESPECTÁCULOS | 10,00 €20:00(GMT+01:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

28
Novembro
Venres – 20:00

29
Novembro
Sábado – 20:00

30
Novembro
Domingo – 20:00

Cambiar as mecánicas: mirarnos ao espello e recoñecernos no canto de ver unha distorsión, deixar de loitar en contra para comezar a loitar a favor, empezar a voar tendo os pés na terra…

As fronteiras son liñas invisibles que podemos cruzar coa mente, e estas liñas debuxan neste espectáculo un ceo que conecta coa imaxinación, facendo do soño vida e da vida soño. É un descenso cara aos infernos persoais —que se volven universais— a través dos límites do corpo que, xunto ao ambiente sonoro e lumínico, conducen a viaxe oscilando entre o peso e a levidade, entre o social e o individual. ¿Acaso non é o mesmo?

Ficha artística
Creación e interpretación: Daniel Morales.
Iluminación: Alfredo Díez.
Fotógrafo: Dérek Pedrós.
Vídeo: Sergio Méndez.
Co apoio de: Teatro Victoria, Centro de creación de danza e artes escénicas La Caldera e o Centre Cívic Barceloneta.

Entradas

Hora

28 novembro, 2025 20:00(GMT+01:00)