
'El sueño de Ícaro' de Marcos Covelo
Detalles do eventos
A partir de procedementos puramente pictóricos, as obras de Marcos Covelo expándense ocupando novos campos e interrelacionando diferentes niveis de realidade (formais, ideolóxicos e conceptuais), por medio da
Detalles do eventos
A partir de procedementos puramente pictóricos, as obras de Marcos Covelo expándense ocupando novos campos e interrelacionando diferentes niveis de realidade (formais, ideolóxicos e conceptuais), por medio da yuxtaposición de planos, a reutilización de imaxes extraídas dos media, e os desenvolvementos tridimensionales que desbordan o plano expositivo.
A proposta “O SOÑO DE ÍCARO”, que presentamos en SVT Espazo de Arte, céntrase nos seus novos traballos cerámicos e téxtiles. Orixinadas no contexto das súas investigacións acerca das prácticas pictóricas e a reformulación dalgúns principios da abstracción contemporánea. As “manchas cerámicas” de Marcos Covelo adquiren a súa rotunda materialidade no proceso en que o universo bidimensional do lenzo proxéctase conceptualmente sobre o oco tridimensional do espazo expositivo.
“O espazo #revelaŕ como un lenzo en branco en tres dimensións e as ferramentas para intervilo non eran as convencionais da pintura, trátase de instalacións pictóricas cunha forte carga escultórica. Isto resultó ser un punto de inflexió n e determinó unha nova vía de estudo no meu traballo”. Agora, liberadas do seu soporte ríxido, as manchas e os xestos pictóricos obedecen unicamente os ditados da forza da gravidade.
jueves | 10:00–13:30, 16:30–20:00 |
venres | 10:00–13:30, 16:30–20:00 |
sábado | 10:00–13:30 |
domingo | Cerrado |
luns | 10:00–13:30, 16:30–20:00 |
martes | 10:00–13:30, 16:30–20:00 |
miércoles | 10:00–13:30, 16:30–20:00 |
Máis

Hora
Maio 12 (Xoves) 19:30 - Xullo 8 (Venres) 20:00
Localización
SIRVENT. SVT Espacio de Arte
Av. da Gran Vía, 129, 36204 Vigo, Pontevedra