XERAIS

20mar21:00El Mitoconcertos | 15,00 €21:00(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

Chega a sétima edición de El Mito, o evento anual onde o mellor do rock&roll vigués únese para celebrar, bailar e sobre todo pasalo ben. Celébrase na honra de La Caverna, local que abriu as súas portas na rúa Cervantes entre 1994 e 2005 xerando toda unha base de aficionados do xénero que quedaron con ganas de máis.
La Fábrica de Chocolate alberga o prato principal: presentado por Panizzo e de pratos fortes contan con Roko-Loko, Crazy Rollers e Joao Tomba.
Antes do evento, ás 20:00, en Madroa Centro, celebraránse uns pinchos acompañados pola pinchada do DJ Guaper.

Esta edición promete así que non perdas a oportunidade de asistir este Venres ás 21:00 para revolucionar Churruca!
Unha vez rematado o encontro a festa seguirá no local La Iguana chunha caverna DJ session que non deixará indiferente a ninguén.

Entradas
Prezo: 15,00 €