novembro, 2019

28nov20:30El Jovencito FrankensteinESPECTÁCULOS | Desde 18,00€20:30 Teatro Afundación

Máis

Detalles do evento

Frederick Frankenstein, un recoñecido científico de Nova York, recibe a noticia de que o seu avó, Victor Von Frankenstein, faleceu e déixalle en herdanza todo o seu patrimonio coa condición de que acuda ao seu castelo en Transilvania inmediatamente. A pesar de renegar do seu apelido e tratar de evitar que se lle relacione con todo o que se di que o seu avó fixo no pasado, acode a Transilvania a ordenar o seu legado. Para iso, ten que deixar en Nova York á súa prometida, Elizabeth Benning, coa cal espera casar algún día.

En Transilvania coñece a Igor, neto do axudante do seu avó Victor, a Inga, unha despampanante asistente de laboratorio que Igor contratou para el, e a Frau Blücher, a que foi asistente de Victor e “algo máis” que ama de chaves do castelo. Entre todos tentarán convencer a Frederick para que siga o ronsel dos seus antepasados e comprobe que se pode resucitar materia morta. Os cidadáns de Transilvania, co Inspector Kemp á cabeza, tentarán por todos os medios impedir que isto suceda, e a súa prometida, Elizabeth, provocará unha situación aínda máis comprometida que dará lugar a un xiro inesperado na vida de todos, incluído o pobo de Transilvania.

Xoves, 28 Novembro 20.30
Venres, 29 Novembro 18.00
Venres, 29 Novembro 21.30
Sábado, 30 Novembro 18.00
Sábado, 30 Novembro 21.30
Domingo, 01 Decembro 17.00

Hora

(Xoves) 20:30

Lugar

Teatro Afundación

Policarpo Sanz ,13 36202

X