23abr21:00El Joseconcertos | 23,00 €21:00(GMT+02:00) La Pecera
Detalles do eventos
Xoves 23 de abril ás 21:00 en La Pecera (Pizarro 35) El Jose presenta a súa xira “Los Pies en el Mar”, un novo
Detalles do eventos
Xoves 23 de abril ás 21:00 en La Pecera (Pizarro 35)
El Jose presenta a súa xira “Los Pies en el Mar”, un novo e espectacular directo co que está a percorrer as principais salas de toda España. Neste show, a banda adianta cancións do seu próximo disco, incluíndo os xa coñecidos “Los Pies en el Mar”, “La Sospecha” e “Emosido engañado” —este último, banda sonora da curtametraxe “Inquilinos” do premiado director Adrián Ordoñez—.
A xira arrancou o pasado 25 de outubro batendo récords de vendas, con varias ampliacións pola alta demanda e colgando o cartel de “todo vendido” en numerosas cidades.
Un concerto que mestura novos ritmos e estilos, pasando da emoción máis íntima ao pogo máis enérxico, sempre co selo persoal de El Jose: humor, crítica e moita verdade.
Prepárate para cantar, saltar e sentir. E vén con calzado cómodo porque… ¡imos meter os pés no mar!
Entradas dispoñibles en: www.eljose.es
Hora
23 abril, 2026 21:00(GMT+02:00)
Localización
La Pecera
Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra


