REVISTA ABRIL

'EL HORIZONTE EUROPEO' de EMILIO PEREZ TOURIÑO

24xan19:30'EL HORIZONTE EUROPEO' de EMILIO PEREZ TOURIÑOACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

Esta obra ensaia unha reflexión analítica sobre tres “momentos” decisivos do últimos oitenta anos de historia mundial, que implicaron un profundo cambio de paradigma: 1) a construción dos Estados de benestar en Europa con posterioridade á Segunda Guerra Mundial e o da propia Unión Europea, etapa que supuxo ademais a “epoca dourada” da socialdemocracia; 2) o que podería denominarse “momento neoliberal”, que tras as crises dos anos setenta do pasado século implicou, a partir da decada dos oitenta, a hexemonía das ideas e políticas neoliberais, que impulsaron a desregulación e financiarización da economía e conlevaron o enfraquecemento da soberanía dos Estados-nación, o crecemento desmesurado da desigualdade, a precarización do traballo e a crise da socialdemocracia. Período que culmina coa Gran Recesión de 2008 a 2012; 3) tras a pandemia provocada polo covid-19, ábrese unha nova epoca que pode supoñer a transformación do capitalismo, co retorno do Estado e o decisivo papel das políticas públicas, cara a un modelo máis sostible e inclusivo sustentado por un novo contrato social entre os gobernos, as empresas e os traballadores, cunha sociedade civil máis vigorosa.

Máis