BannerEntroido
BannerArribada

xuño, 2018

09xuñ20:30El funeralTEATRO | Desde 16,20€ 20:30 Teatro Afundación

Máis

Detalles do evento

Afundación, a Obra Social de ABANCA, pon fin á súa Tempada de Teatro coa representación de El funeral, de Manuel M. Velasco, o vindeiro 9 de xuño, ás 20.30 h, no Teatro Afundación.

Concha Velasco e Antonio Resines, xunto con Cristina Abad, Clara Alvarado e Emmanuel Medina protagonizan esta produción teatral sobre un surrealista velorio.

EL FUNERAL, DE MANUEL M. VELASCO
Lucrecia Conti, a actriz máis importante do cinema, o teatro e a televisión de España, faleceu e os espectadores asisten ao gran velorio que o Ministerio de Cultura organizou na súa honra nun teatro para que o público poida despedirse da súa admirada estrela. As súas netas Ainhoa e Mayte poñen orde porque as mostras de agarimo son inmensas. Tamén aparece Miguel, un curmán cuxo parentesco real é descoñecido. Todo cambia cando os asistentes quedan pechados no teatro porque a pantasma de Lucrecia se lles aparece para despedirse ao grande.
Ninguén dá crédito ao que sucede. A pantasma ten asuntos que resolver mesmo co seu propio representante, Alberto Luján, que trata de conter como pode a prensa que se amorea fóra. A noticia está a aparecer en todos os medios de comunicación, e todos os programas de televisión están a enviar unidades móbiles ao teatro para conectar en directo con Lucrecia, ou o que queda dela. Non hai precedentes de algo así e Lucrecia vai aproveitar ao máximo este momento no que por fin se lle presta a atención que merece para solucionar, viva ou morta, todos os seus problemas profesionais e persoais: desde aceptar unha serie de televisión na que fai de morta, deixar que lle fagan un boneco para o Museo de Cera de Madrid ou dicirlle a unha das súas netas se se pode xuntar cun mozo ao que todos lle ven certo parecido familiar. Todo iso mentres está pendente de que o público non pase fame neste intre de peche e ofrecéndolles un marabilloso espectáculo.
Porque o espectáculo, mesmo despois da vida, sempre debe continuar.

Hora

(Sádado) 20:30

Lugar

Teatro Afundación

Policarpo Sanz ,13 36202

X