23abr19:00El enigma de otro mundoactividades para o coco | 10,00 €19:00(GMT+02:00) Café Uf
Detalles do eventos
Da man de Realidade Alternativa chega o seu novo xogo de roles ocultos baseado na película ‘The Thing’. En “El enigma de
Detalles do eventos
Da man de Realidade Alternativa chega o seu novo xogo de roles ocultos baseado na película ‘The Thing’.
En “El enigma de otro mundo”, os participantes converteranse en membros da estación polar Vostok. Hai dous días que acharon unha estraña criatura baixo o xeo que logrou infectar a un deles antes de morrer. Agora a estación está ao bordo do colapso: en menos de dúas horas converterase nunha tumba xeada e deben evacuala.
Cada un dos xogadores encarnará un membro da base, con habilidades ou obxectos útiles… e tamén un trazo oculto. Polo menos un deles estará controlado polo parasito alieníxena, aínda que aparente ser normal.
- Os humanos: Deben abandonar a estación e impedir que os infectados escapen.
- O alien: Só precisa que un dos seus suba ao helicóptero para chegar ao seguinte núcleo de poboación.
Sospeitas, conflitos, unha conta atrás inexorable e unha difícil evacuación: non hai prazas para todos.
Información do evento
- Cando: Xoves 23 ás 19:00 h.
- Onde: Café Uf (Rúa do Pracer, 19, Vigo).
- Prezo: 10 € por persoa.
- Capacidade: Ata 12 participantes.
- Idade: A partir de 16 anos.
Reservas: É necesario contactar coa organización para reservar praza – Preme aquí
Hora
23 abril, 2026 19:00(GMT+02:00)
Localización
Café Uf
Pracer, 19, 36202 Vigo, Pontevedra


