Detalles do eventos
O Café Uf acolle unha nova sesión de El Enigma de Otro Mundo, un xogo en vivo inspirado no clásico filme de ciencia ficción The
Detalles do eventos
O Café Uf acolle unha nova sesión de El Enigma de Otro Mundo, un xogo en vivo inspirado no clásico filme de ciencia ficción The Thing. Os participantes converteranse nos membros da base polar Vostok, onde unha misteriosa criatura descuberta baixo o xeo logrou infectar a un dos seus compañeiros antes de morrer. Coa estación ao bordo do colapso e menos de dúas horas para evacuar, cada xogador asumirá un papel con habilidades e recursos propios, pero tamén cun segredo oculto. Mentres os humanos intentan descubrir quen está infectado e impedir que escape, o parásito alieníxena só necesita que un dos seus consiga subir ao helicóptero. Sospeitas, conflitos, alianzas cambiantes e unha conta atrás inexorable marcarán unha partida na que non haberá sitio para todos.
Só hai doce prazas dispoñibles para esta proposta pensada para maiores de 16 anos. As reservas poden facerse por WhatsApp e Telegram (616 354 866 ) ou a través de email a info@realidadalternativa.com.
Hora
21 xuño, 2026 18:30(GMT+02:00)
Localización
Café Uf
Pracer, 19, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xullo


