REVISTA ABRIL

El cuidador

09feb20:30El cuidadorESPECTÁCULOS | Desde 15,50€20:30(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

O 9 de febreiro chega a Vigo a obra El cuidador, de Harold Pinter, baixo a dirección de Antonio Simón. O humor e a ironía viaxan a través deste texto, que nos presenta unha intelixente crítica sobre o absurdas que poden chegar a ser as circunstancias da nosa vida.

Joaquín Climent ponse á fronte desta función, que reflexiona acerca da posibilidade de coidar ao outro como o que coida dunha propiedade. Pódese vivir sen confiar no outro? En quen se pode confiar? Estas serán algunhas das preguntas que se tentan resolver no coidador, ademais doutras de fondo como a dificultade de comuniucarse e entender aos demais. Pola súa banda, o director Antonio Simon cuéstionase “ata que punto tentar conectar co outro implica esforzo, aínda que non sempre recompensado.”

A repartición complétano Juan Díaz e Álex Barahona, que xunto a Climent, forman un triángulo de personaxes que se debaterán nun duelo dialéctico, dramático e cómico á vez dunha das obras máis importantes do teatro británico do século pasado.

Harold Pinter, Premio Nobel de Literatura en 2005, escribiu está obra en 1959. É por tanto un clásico contemporáneo e unha das súas mellores obras, tamén lla considera como unha das súas obras con mellor funcionamento comercial. O texto trasládanos á actualidade, a calquera cidade do noso país cunha posta en escena chea de elementos que nos sorprenderá á vez que nos fará gozar. O coidador proponnos unha viaxe o día 9 de febreiro ás 20:30 en Afundación en Vigo.

Máis

Hora

(Xoves) 20:30(GMT+01:00)