marzo, 2019

22maralldayEl Cubo de JoanaEXPOSICIÓN | De balde(Todo o día) Ronda de Don Bosco

Máis

Detalles do evento

O venres, 22 de marzo e o sábado, 23, o espazo CUBO ten o gran pracer de presentar os últimos traballos de Pilar Alonso. Ao ser unha sala pequena, CUBO pide ao artista que interveña o espazo. Que non sexa simplemente unha serie de obras que se colgan nunha parede. O espazo e a obra ha de relacionarse dialecticamente.
Un obxecto tridimensional, que oculta un segredo, e unhas pinturas que o acompañan. Iso é o que imos atopar en CUBO, pero tamén todo o fecundo imaxinario de Pilar.
Pero ademais, a instalación sae máis aló de CUBO. Ou mellor dito, empeza fóra de CUBO, na Ronda de Don Bosco, nunha casa particular, onde a pintora creou unha traballo plástico efémero. Esta parte do proxecto só se poderá ver o venres e o sábado. Pintura, luces, metacrilato inician o periplo das garzas, nas paredes desta casa, garzas que alzan o seu voo e que o camiñante pode localizar polas paredes de López de Neira ata que se deteñen e aniñan en CUBO.
Un experiencia artística que hai que vivir e que logo perdurará no espazo CUBO ata o 3 de maio.

Hora

marzo 22 (Venres) - 23 (Sádado)

Lugar

Ronda de Don Bosco

Rúa da Ronda de Don Bosco 36202 Vigo Pontevedra

X