
El Corte Inglés acende o Nadal cun espectáculo de La Fam Teatre
Detalles do eventos
A Gran Vía de Vigo converterase mañá luns 4 de decembro nun escenario xigante para acoller o espectáculo que dará a benvida a Papá Noel
Detalles do eventos
A Gran Vía de Vigo converterase mañá luns 4 de decembro nun escenario xigante para acoller o espectáculo que dará a benvida a Papá Noel e ao Nadal do Corte Inglés. O show foi deseñado pola FAM Teatre, compañía formada por actores, actrices, músicos e acróbatas, que se identifican por utilizar a rúa como espazo escénico de acción en produccións innovadoras e que permiten establecer un contacto directo co espectador.
Sergio Heredia, director da compañía destaca “a rúa como o escenario máis grande do mundo onde traballar novos códigos e estéticas escénicas que a transformen nun espazo non convencional e que permita revolucionar os espazos públicos”. A idea orixinal da función do director da FAM Teatre recreará unha historia onde “uns singulares personaxes do inverno chegarán ata El Corte Inglés para poñer en marcha as engrenaxes que activan a conta atrás para a chegada do Nadal”.
Esta historia máxica desenvolverase nun espectáculo que dura 30 minutos e que conta cun elenco formado por 14 artistas que farán números acrobáticos e danza verticais, aéreos cunha esfera de helio e verticais con pulls a 4 metros. Na posta en escena combinaranse escenas audiovisuais con videomapping e efectos de luces e son. Unha vez todo disposto, é a hora de que o reloxo marque o inicio para que se activen as luces de Nadal e Papá Noel faga a súa entrada espectacular. O show finalizará cun espectáculo pirotécnico na fachada do Corte Inglés.
“Desde El Corte Inglés cada ano buscamos sorprender e contaxiar a maxia do Nadal. Con este espectáculo, deseñado para nenos e maiores, queremos compartir a nosa ilusión nestas datas e conectar coas persoas. Imos gozar dun show no que vai haber interactuación co público, produción audiovisual onde as novas tecnoloxías adquiren protagonismo, e un final que nos emocionará porque en Nadal todo é posible”.
Con esta gran inauguración do Nadal, darase comezo tamén a unha completa programación de actividades en tenda para os máis pequenos con talleres creativos, contacontos e espectáculos musicais. E talleres, degustacións e eventos culturais para adultos.
O espectáculo terá lugar mañá luns 4 de decembro ás 18.30 horas no espazo exterior do Corte Inglés en Vigo.
Máis
Hora
4 decembro, 2023 18:30(GMT+01:00)
Localización
El Corte Inglés
Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual