
‘El beso de la mujer araña’
01xuñ20:30‘El beso de la mujer araña’ ESPECTÁCULOS | Desde 15,00€20:30(GMT+02:00) Teatro Afundación
Detalles do eventos
O 1 de xuño, o Teatro Afundación de Vigo acollerá “El beso de la mujer araña”, unha historia prohibida entre dous compañeiros de cela, protagonizada por Eusebio Poncela
Detalles do eventos
O 1 de xuño, o Teatro Afundación de Vigo acollerá “El beso de la mujer araña”, unha historia prohibida entre dous compañeiros de cela, protagonizada por Eusebio Poncela e o bilbaíno Igor Yebra baixo a dirección de Carlota Ferrer.
Este clásico da literatura arxentina contemporánea, escrito por Manuel Puig, foi levado ao cinema no ano 1986 e, nesta ocasión, foi adaptado na súa versión teatral por Diego Sabanés.
‘El beso de la mujer araña’ fálanos sobre as relacións humanas, a dominación duns fronte a outros, de liberdade, de identidade, de coacción… Nunha cela, dous homes comparten confesións.
Un consagrado Eusebio Poncela ponse á fronte desta función encarnando a Molina, un personaxe que reflexiona sobre as relacións humanas e saca á luz a necesidade de amar do ser humano. Un corpo de home que encerra a unha muller á súa vez encarcerada por seducir a un menor. O papel de Valentín recae sobre o actor, bailarín e coreógrafo, Igor Yebra, quen se pon na pel dun mozo activista político con ansias de cambiar o mundo que o rodea.
Carlota Ferrer dirixe esta historia que retrata a batalla interna dos dous personaxes protagonistas, unha loita frecuente e familiar para moitas persoas que crecen nunha sociedade heteronormativa e senten que van nadando contra a corrente. Todos merecen ser a versión máis auténtica e honesta de si mesmos, sen arrepentimentos, pero… como se pode facer iso cando uno non se coñece a si mesmo?
Máis
Hora
1 xuño, 2023 20:30(GMT+01:00)
Localización
Teatro Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra