UNDERFEST

19set17:00El Atelier de Expresión: 'El juego. Un derecho en vías de extinción'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde17:00(GMT+02:00) El Atelier de Expresión

Detalles do eventos

A nosa cidade acolle desde novembro de 2024 un espazo de creación único que redefine a aprendizaxe artística e ofrece un ambiente de libre expresión baseado nos descubrimentos do pedagogo francoalemán Arno Stern. En El Atelier de Expresión nenos e adultos pintan sen xuízos nin presións, co fin de fomentar unha profunda conexión co seu eu creativo.

A fundadora deste taller, Cristina González, é unha restauradora de pintura antiga á que, malia non ter formación académica a nivel artístico, sempre lle encantou pintar e debuxar. A súa propia viaxe autodidacta conectou fortemente co traballo de Arno Stern, quen, ao longo de máis de sete décadas, se dedicou a investigar sobre a libre expresión a través da pintura.

A metodoloxía de El Atelier xira arredor do «xogo de pintar», que ten lugar no que Stern bautizou como o Closlieu, un espazo pechado e protexido onde a pintura se libera da comunicación e da interpretación subxectiva.

Para coñecer máis arredor da Educación Creadora, do legado de Arno Stern e da vertente lúdica de pintar, Cristina organiza tres charlas no propio local (Rúa de Zamora, 51), todas ás 17:00 h:

  • Venres 12 de setembro: “El juego de pintar. Un acercamiento a la Educación Creadora y a la figura de Arno Stern”.

  • Venres 19 de setembro: “Las condiciones de la Educación Creadora”

  • Venres 26 de setembro: “El juego. Un derecho en vías de extinción”

O aforo para as charlas é reducido e é preciso inscrición previa no 623 187 457 ou hola@ateliereducacioncreadoravigo.com

Hora

19 setembro, 2025 17:00(GMT+02:00)

Localización

El Atelier de Expresión

Rúa Zamora, 51, Freijeiro, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events