REVISTA A MOVIDA >

25set21:30EDDIE DARK + SHE CAN´T AFFORD MASCARAEDDIE DARK +CONCERTOS | Desde 14,30 €21:30(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

Eddie Dark é o alter ego vampírico de Nikolas Petsitis. Nado en Atenas, fusiona neste proxecto os ritmos hipnóticos do EBM old-school coa agresiva melancolía da escena synth-punk grega.
Chegará a Vigo en plena forma, despois de compartir escenario con lendas como Anja Huwe, Anne Clark ou Peter Hook no festival Death Disco de Atenas.

She Can’t Afford Mascara é Mortuary Wave directamente desde a terra das tumbas de Lahore, Paquistán. Establecido en Copenhague dende hai uns anos, o seu son é unha mestura de synth-punk e darkwave con influencias EBM e beats masoquistas. Música esgazadora e punzante que fará vibrar os altofalantes con ritmos de Tanz Torture à la carte.

Entradas