Ecstatic Dance
12ago11:0021:00Ecstatic DanceACTIVIDADES PARA O COCO | Desde 35,00€11:00 - 21:00
Detalles do eventos
Que é unha Ecstatic Dance?Unha sesión de Ecstatic Dance é un espazo libre de xuízo onde a través da música, a danza e a meditación traballamos a
Detalles do eventos
Que é unha Ecstatic Dance?
Unha sesión de Ecstatic Dance é un espazo libre de xuízo onde a través da música, a danza e a meditación traballamos a consciencia persoal.
Ecstatic Dance significa danza da éxtase. A intención é que a experiencia se converta nun vehículo de expansión persoal e colectiva. E por suposto, tamén divertirnos, nun espazo san, sostible e alternativo para a expresión corporal.
O estar nun estado consciente permítenos acceder ao noso estado interior a través do corpo co movemento improvisado e libre, e así facilitarnos o liberar emocións, soltar capas e canalizar a enerxía a través de nosa propia danza.
A través de que música?
Inspirado nos 5 ritmos de Grabrielle Roth, percórrense diferentes ritmos e estilos que nos levan a transitar determinados estados de consciencia e emocións buscando a catarse.
Utilizamos sons líricos, multi sensoriais, música clásica, tribal, drum and bass e house entre outros para alimentar o camiño á éxtase. Estes son algúns dos sons heteroxéneos que constrúen en directo, o manto musical que sosterá a danza.
Organizador: Diego Alchemist Ecstatic Dance Galicia
Diego Rodríguez Justo, Consultor, Mentor e Coach de Equipos especializado en Intelixencia Emocional é ademais (Diego Alchemist) Un experimentado DJ que desde fai tres anos organiza e cre firmemente o formato Ecstatic Dance como alternativa cultural de valor social.
Foron diferentes enclaves de Galicia como o mosteiro de Carboeiro, Fundación Sales e outros espazos naturais onde creou espazos para a música e danza de maneira consciente, sa e sen drogas nin alcol.
Público: A partir de 16 años en adelante.
Horario: De 11.30 a 14 e de 16:00 a 21:00
Prezo
Todos os talleres: 55€ (11.30 a 21.00 hrs)
Só Ecstatic Dance: 35€ (16.00 a 21.00 hrs)
Reservas por whatsapp no 658900393
Máis

Hora
(Sábado) 11:00 - 21:00
Localización
Fundación Sales
de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra