EcoSons – A Movida

xullo, 2018

14xul12:00EcoSonsMÚSICA E ECOLOXISMO | 10,00 €12:00 Ecolectivo

Máis

Detalles do evento

EcoSons é a proposta de Ecolectivo para o vindeiro 14 de xullo. Unha romaría na que haberá música, gastronomía vegana e actividades de divulgación.

Esta singular romaría terá lugar no Ecolectivo (Sárdoma) o vindeiro sábado 14 de xullo.

A xornada comezará ás 12 da mañá cunha sesión vermú a cargo do cantor Iván Gulín, quen fará música das distintas terras polas que ten viaxado.
Despois do xantar, haberá unha sesión de divulgación na que se tratará a relación música-natureza.
Pola tarde, desfrutarase do artista lalinense Benxamín Otero Otero co seu novo proxecto ‘Concerto a só’. Otero deleitará aos presentes co seu óboe, guitarra eléctrica e unha caixiña de música.
Seguiranlle as chelistas Jimena Andión García e Laura Juncal Pájaro que compoñen o dúo A Piacere.
Interpretarán pezas do repertorio pop-rock actual relacionadas coa natureza, como ‘Human Nature’ de Michael Jackson ou ‘Wellcome to the Jungle’ de Guns and Roses.
A actuación das pandereteiras a Pontragha as Bouba pechará o festival. Este grupo de música tradicional de ben seguro animará a rematar a xornada botando uns bailes.

Ecosons é un proxecto autosustentable. Os tíckets teñen un prezo de 10€, nenos menores de 12 anos entran gratis, e os beneficios serán destinados ao proxecto ‘A natureza da música’, xestionado pola Fundación Galicia Sustentable (FGS).

As entradas xa se poden adquirir en tendas de alimentación ecolóxica de Vigo (Urbanic, Nevera Verde, Árbore Cooperativa de Consumo Responsable, A artesa de Bea e Miso Tienda Sana) e en Nigrán (Horta Fresca e Asante Sana) ou por internet en www.ecosonsfestival.com.

Hora

(Sádado) 12:00

Lugar

Ecolectivo

Camiño do Monte da Serra, 38, 36214 Vigo, Pontevedra

X