xuño, 2019

22xuñ21:00Dúo DinámicoCONCERTO | Desde 30,00€21:00 Mar de Vigo

Máis

Detalles do evento

DÚO DINÁMICO en xira celebración dos seus 60 anos de carreira profesional de 1959 a 2019.

Un acontecemento extraordinario en xira, un gran concerto cheo de grandes éxitos.

O DÚO DINÁMICO é sen dúbida o dúo máis importante da nosa música desde os seus comezos nos anos 60, cunha carreira de grandes éxitos son un referente e unha lenda da nosa música pop cun Grammy de Honra á súa Excelencia Musical. Manuel de la Calva e Ramón Arcusa, o Dúo Dinámico, son os pioneiros do noso pop-rock, así como do fenómeno fan na década dos 60.

O 9 de setembro de 1959 Emi- Odeón publicou un EP de catro cancións RECORDÁNDOTE, COWBOY, ALONE e LITTLE DARLING, que foi o primeiro disco do DÚO DINAMICO; logo virían grandes éxitos como QUISIERA SER, ERES TÚ, PERDONAME, SOMOS JOVENES, QUINCE AÑOS, BAILANDO EL TWIST, LOLITA TWIST, COMO AYER,ETC. ETC. e máis recentemente RESISTIRÉ, canción emblemática do DÚO que xa é un himno para todos..

Todos estes grandes éxitos, entre outros moitos, xunto co seu gran labor como autores e produtores para grandes artistas, avalan e confirman a súa extraordinaria carreira profesional e a gran importancia na historia da música pop como autores e intérpretes de Manuel de la Calva e Ramón Arcusa: O “DÚO DINAMICO”.

A “Xira 60 Aniversario” é un extraordinario acontecemento para gozar en concerto de todos os grandes éxitos do Dúo Dinámico..

Hora

(Sádado) 21:00

Lugar

Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59, 36202 Vigo, Pontevedra

X