VIALIA
bannerPicnicSesions

Dulces pontes

18dec21:30Dulces pontesCONCERTOS | Desde 22,00€21:30(GMT+01:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Tras máis de 30 anos de traxectoria sobre os escenarios, Dulce Pontes regresa co Fascinação Tour, un show co que rendirá homenaxe aos que foron algúns dos seus principais referentes musicais, como a gran mestra Ellis Regina – a cantante coa que máis se identifica –, a gran Amália Rodrigues ou o seu grande referente no xénero portugués por excelencia, o Fado. Por último, e como non podería ser doutro xeito, Dulce tamén fará un guiño ao que ten sido o seu gran mestre, mentor e, por enriba de todo, amigo: o grande compositor Ennio Morricone.

Canciones cheas de forza, danza e sensualidade que Dulce Pontes trae ao seu terreo con inmenso respeto e responsabilidade neste espectáculo, no que estará acompañada polo cubano Yelsy Heredia (considerado o mellor contrabaixista da súa xeración e colaborador habitual do gran Chucho Valdés), o portugués Luis Guerreiro (considerado unha das mellores guitarras portuguesas) e o tamén cubano Sergio Fernández (piano).

Máis

Hora

(Sábado) 21:30(GMT+01:00)