"Dúbidas reais de adolescentes sobre sexo" de Sabela Iglesias – A Movida

decembro, 2018

12dec19:30"Dúbidas reais de adolescentes sobre sexo" de Sabela IglesiasPRESENTACIÓN LIBRO | De balde19:30 Casa del Libro

Máis

Detalles do evento

“Dúbidas reais de adolescentes sobre sexo” nace das charlas formativas realizadas pola xinecóloga Sabela Iglesias en diferentes centros de ensino secundario da comarca de Vigo.
A obra é unha escolma das preguntas máis relevantes e frecuentes sobre sexo, acompañada dunha explicación clara sobre os diferentes métodos anticonceptivos e preventivos de enfermidades, así como doutros aspectos que importan aos adolescentes e que importa que coñezan.

A presentación será na Casa do Libro (Casa del libro) de Vigo o mércores 12 ás 19:30, coa presenza da súa autora.

RESUMO DO LIBRO

Hai algún problema por ter relacións sexuais con 14-16 anos? Os homes mastúrbanse máis ca as mulleres? Por que os rapaces teñen mamilas? Este libro nace das charlas formativas realizadas por Sabela Iglesias, xinecóloga especializada. Son a resposta a moitas cuestións sobre sexualidade que lles xurdiron aos adolescentes de diferentes centros de ensino secundario da comarca de Vigo.

Unha escolma das preguntas máis relevantes e frecuentes acompañada dunha explicación clara sobre os diferentes métodos anticonceptivos e preventivos de enfermidades. Ademáis de debuxos actuales e demostrativos para completar outros aspectos que vos importan e que importa que coñezades.

Hora

(Mércores) 19:30

Lugar

Casa del Libro

Rúa Velázquez Moreno, 27, 36202 Vigo, Pontevedra

X