Detalles do eventos
O AVC Casco Vello acolle os días 6 e 7 de febreiro de 2026 as V Xornadas do Entroido de Vigo, unha actividade centrada na divulgación e posta
Detalles do eventos
O AVC Casco Vello acolle os días 6 e 7 de febreiro de 2026 as V Xornadas do Entroido de Vigo, unha actividade centrada na divulgación e posta en valor do Entroido tradicional galego. As sesións desenvolveranse no local da asociación, na rúa Cárcere Vello, no baixo do Centro Cívico do Casco Vello. De balde.
O programa combina música, proxeccións audiovisuais e intervencións arredor de diferentes manifestacións do Entroido. A xornada do venres inclúe a apertura coa Banda de gaitas do Casco Vello, a proxección do documental A traxedia do Xirobio e unha mesa dedicada ao Merdeiro, na que se aborda a evolución desta figura ao longo de dúas décadas de entroido popular.
O sábado estará dedicado a outras tradicións veciñas, cunha charla sobre o Entroido da Illa de Ons cincuenta anos despois da súa recuperación, e unha presentación colectiva do Entroido da Ulla, coa participación de varias das súas personaxes características.
As xornadas están organizadas pola Asociación Etnográfica A Merdeira, coa colaboración do AVC Casco Vello, e insírense nunha liña de traballo continuada de investigación e difusión da figura tradicional do Entroido vigués.

Hora
6 febreiro, 2026 19:00(GMT+01:00)
Localización
Asociación do Casco Vello
Rúa Cánovas del Castillo, 2, 36202 Vigo, Pontevedra



