RevistaXuño23

06mai12:00Drink and DrawACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:00 Galería Maraca

Drink and Draw

O Drink and Draw de maio vai ser unha edición distinta por varios motivos:

Será unha sesión de debuxo con modelo. Teremos a ocasión de tomar apuntamentos do natural coa colaboración dun modelo.

O horario: Nesta ocasión será o sábado 6 de 12:00 h. a 14:00 h na Galeria Maraca.

O lugar: O local é un dos máis emblemáticos da escena cultural viguesa, a Galeria Maraca , unha galería que aposta pola ilustración e que programa actividades máis que interesantes, imprescindibles para todos a amantes da arte e do debuxo.

Para participar, é necesario inscribirse neste correo: ilustranoitevigo@gmail.com. As prazas son limitadas e cunha achega de 5 euros destinados a pagar ao modelo.
Haberá bebida para os participantes e tamén podedes aproveitar para visitar as instalacións e expos da galería.

Máis

Hora

(Sábado) 12:00

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

X