bannerVialia
RevistaFebreiro23

Este é un evento repetitivo

02xan12:0017:00DressCoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde12:00 - 17:00 Taberna Patouro

DressCo

Chega a Vigo DressCo, un mercadillo de moda de autor e tendas vintage que busca promover as marcas locais de xóvenes emprendedores.

DressCo nace como unha iniciativa xoven relacionada coa moda. O seu obxectivo é visibilizar alternativas de consumo máis sostibles que ademais axuden ao noso comercio local. Un evento onde distintas tendas e particulares expoñan unha selección dos seus produtos nun encontro didáctico, no que ademais se poida gozar dun bo vermú e unhas tapas.

A iniciativa de DressCo xorde de Miguel e Elías, dous xóvenes vigueses concienciados co mundo da moda e o ecoloxismo. A súa meta é que a xente coñeza os beneficios ambientais que ten a reutilización da moda, a parte de poder descubrir prendas únicas que xa non se fabrican. Con este primeiro mercadillo teñen como propósito dar arranque a unha serie de eventos onde poder crear unha comunidade de moda sostible galega na que promocionar o traballo das marcas emprendedoras.

Os colaboradores deste primer mercadillo son as marcas INER (@iner.online), Rande Vintage (@randevintage), Kaméleon Vintage (@kameleon.vintage), A.Taramela(@a.taramela) e Rosen (@suburbanrosen)

O evento terá lugar na Taberna Patouro os días 2 e 3 de xaneiro de 2023 en sesión vermú.

Acceso libre

Máis

Hora

(Luns) 12:00 - 17:00

Localización

Taberna Patouro

Plaza de M.Diego Santos, 3, 36208 Vigo, Pontevedra

X