CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

Dous novos musicais pechan a programación infantil de Castrelos

31xul18:00Dous novos musicais pechan a programación infantil de CastrelosPEQUERRECHOS | De balde18:00(GMT+02:00) Parque Castrelos

Detalles do eventos

Tras coñecer todos os concertos programados para este verán en Castrelos, só faltaban os espectáculos infantís para pechar a programación ao completo. Dous novos musicais súmanse aos xa confirmados Una casita con encanto (17/7) e Cantajuego (12/8).

Son Las orejas de mariposa, que será o mércores 31 de xullo, e La cajita de los sueños, o luns 5 de agosto.

31/07 Las orejas de mariposa

É un musical infantil da compañía Espiral Mágica baseado no libro de Luisa Aguilar. A obra é un berro á liberdade, a diversidade, a aceptación e á diferenza. Trata temas tan importantes para os nenos como o ser felices sendo diferentes, non querer ser como a maioría, e o aceptar a cada un coas súas diferenzas e mesmo valoralas. A falta de inclusión e aceptación a miúdo provoca insatisfacción e inseguridade e só debemos decidir e arriscar, buscar dentro e fóra dun mesmo para ser feliz.

Sinopse: Mara ten orellas grandes e é motivo de burla por parte dos seus compañeiros. Triste e apenada pregúntalle á súa mamá e tras a súa marabillosa e imaxinativa resposta, Mara cambia a súa maneira de enfrontarse ás burlas cun sorriso e unha gran imaxinación. Así, descobre que xustamente é isto o que a fai distinta e convértea en única e marabillosa.

05/08 La cajita de los sueños

Un espectáculo encantador e envolvente que fusiona o mundo real co fantástico, a través dunha historia emocionante e musicalmente excepcional. Fala dunha moza que, grazas a unha misteriosa caixa musical, chega a un mundo encantado, onde se atopa cuns xoguetes que mágicamente cobran vida e representan diferentes aspectos da súa personalidade: Cativadoras coreografías e emocionantes números acrobáticos, centrándose na relación romántica entre un soldadito e unha bailarina.

Xuntos os protagonistas enfrontan desafíos e aventuras, a pesar dun bufón malvado que ameaza a harmonía deste mundo de ilusión. Coa axuda doutros xoguetes, como un robot desexoso de bailar e un vaqueiro namorado, a nova e os seus aliados triunfan sobre o mal. Celebraremos a amizade, a coraxe e a esperanza, cativando a públicos de todas as idades, nesta historia que combina circo, teatro Musical e danza.

Programación Castrelos

13 xullo – Dani Fernández
17 xullo – Una casita con encanto (infantil)
20 xullo – Coral Casablanca
23 xullo – Luis Fonsi
25 xullo – Sen Senra
31 xullo – Las orejas de mariposa (infantil)
2 agosto – Luz Casal
3 agosto – Aitana
5 agosto – La cajita de los sueños (infantil)
7 agosto – UB40
9 agosto – Ópera: Rigoletto
12 agosto – Cantajuego (infantil)
14 agosto – Víctor Manuel
16 agosto – Vetusta Morla e Xoel López
17 agosto – Melendi

Máis

Hora

31 xullo, 2024 18:00(GMT+02:00)