Detalles do eventos
Doroxo Presbiçian presentan o seu traballo “bla bla bla”, un paso máis na súa evolución artística, confirmándose como unha das voces emerxentes máis potentes do rock galego contemporáneo.
Detalles do eventos
Doroxo Presbiçian presentan o seu traballo “bla bla bla”, un paso máis na súa evolución artística, confirmándose como unha das voces emerxentes máis potentes do rock galego contemporáneo.
Dispoñible, ademais de en formato físico, en Spotify e no resto das plataformas dixitais. Este EP consolida o grupo como unha das propostas máis intensas e xenuínas.
Unha banda cun son único
A banda naceu en Mos no ano 2021 e desde entón foi construíndo un son propio que mestura honestidade e unha lírica fondamente existencial.
A súa enerxía lembra ao grunge dos noventa, coa contundencia do rock urbano e unha carga emocional que atravesa cada tema.
Nas súas letras, Doroxo Presbiçian aborda cuestións como a crítica social, a frustración contemporánea e a necesidade de autenticidade nun mundo saturado de ruído e aparencias.
Sen medo a soar diferente, sobre o escenario son un auténtico ciclón, grazas á presenza escénica do seu vocalista e a unha música fondamente elaborada.
Entradas anticipadas (8,00€) á venda en Discos Elepé.
Entradas en caixa: 10,00 €.
E despois… festa de entroido!!!! Con sorteos de entradas para festivais e algún premio máis.
Todo coa música de Sofiestas DJ. 🎉🎭
Hora
14 febreiro, 2026 22:15(GMT+01:00)
Hoxe móvese
marzo

