REVISTA NADAL

12dec22:00DopaminaESPECTÁCULOS | 15,30 €22:00(GMT+01:00) Sala Supersonic

Detalles do eventos

Javi Durán presenta DOPAMINA, o show de comedia que quere darche a túa dose necesaria de risas. Este espectáculo combina stand up comedy, interacción co público e música para que sintas unha explosión de cousiñas no teu interior.

Javi fixo xa dúas xiras por España con espectáculos anteriores e DOPAMINA é a súa proposta vital coa que quere regalarche unha hora e pico de distracción dos teus problemas. Logo, ao saír, aí seguirán… pero ese ratiño de felicidade non cho quita ninguén.

Nas redes podes ver o seu humor: stand up comedy, momentos únicos co público, sketches, iluminacións conspiranoicas e calquera tolemia que se lle ocorra. Vai a tope de Reels e está perseguindo os seus soños a morte. Sky is the limit.

En fin, o que che dicía: Vén ao show, que de aquí saes cos chakras aliñados e co cora a tope de DOPAMINA.

Hora

12 decembro, 2025 22:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Supersonic

Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events