DON QUIXOTE – A Movida

abril, 2018

28abr21:3022:00DON QUIXOTETEATRO | Desde 8,00€ 21:30 - 22:00 Sala Ártika

Máis

Detalles do evento

Don Quixote é unha comedia gastronómica que mestura narración oral, manipulación de obxectos e cociña en directo para dar lugar a esta exitosa versión gastronómica da obra de Cervantes.

Alonso, cociñeiro, comeza a preparar unha demostración culinaria sobre as bondades da dieta mediterránea. O prato escollido é o “Potaxe de vixilia” O mesmo que lle ofreceron a Don Quixote na súa primeira saída antes de ser armado cabaleiro andante. Alonso converterase en Quixote mentres prepara ese saboroso prato. Un xogo teatral e gastronómico no que o humor e tolemia de Don Quixote encarnaranse no corpo de Alonso dando lugar a un espectáculo áxil, saboroso e nutritivo. Alguén quedará sen probar vos garavanzos?

Prezo: Entrada Xeral: 10€ + gastos de xestión
Entrada Anticipada: 8€ + gastos de xestión (dispoñible ata 24h antes do evento)

Idades recomendada: +12

Duración: 60 min

Horarios:
– Venres 27 de Abril ás 21:30h
– Sábado 28 de Abril ás 21:30h
– Domingo 29 de Abril ás 20:00h

Hora

(Sádado) 21:30 - 22:00

Lugar

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

X