BARAFUNDA >

Este é un evento repetitivo

20xuñ20:00'Domitila'ESPECTÁCULOS | - 20:00(GMT+02:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

Domitila meteuse no corpo da creadora o día que escoitou o relato desta muller galega que pasou o mellor da súa vida fuxindo por apoiar a guerrilla republicana. É unha peza no ámbito das artes do movemento que recupera a memoria dunha muller anónima, da montaña de Lugo, que colaborou coa guerrilla antifranquista e que foi torturada e condenada ao cárcere. Porén, nos seus últimos anos, Domitila realiza o seu soño de xuventude: tocar a guitarra e bailar.

O coñecemento desta historia e a fonda impresión que lle causou impulsaron á artista a danzar a memoria histórica e, deste xeito, poñer o seu gran de area para transmitir a idea de non volver caer no mesmo erro: a tortura, a guerra. Domitila non é un personaxe, é unha muller a quen lle arrincaron a xuventude, mais non a valentía. Co tempo, a creadora deuse conta de que na súa historia persoal tamén hai reclusión, aínda que por outros motivos: a reclusión da danza, que deixou durante trinta anos porque o contexto era adverso. Nun ámbito no que a sensibilidade se pon en xogo, esas dificultades afectáronlle até o punto desa reclusión. Así que, nesta peza, trázanse pontes, explorando ecos e reflexos entre pasado e presente, entre represaliada política e vocación acoutada.

Hora

20 xuño, 2026 20:00(GMT+02:00)