REVISTA FEBREIRO

Érguete e corre

03dec11:00Érguete e correACTIVIDADES DEPORTIVAS | 10,00€11:00(GMT+01:00) CC Vialia

Detalles do eventos

Solidariedade e competividade son os ingredientes principais da carreira integrada no circuíto Run Run Vigo “Érguete e corre”,  que está organizada pola Asociación de Loita contra a Droga Érguete, e que xa conta coa inscripción de 255 persoas.

A directora de Érguete, Elvira Rivas, recalcou a transcendencia de que a carreira estea integrada no circuíto Run Run Vigo “porque nos dá visibilidade ao noso colectivo e unha forma de homenaxear ás nais que hai 40 anos saíron á rúa para marcar un antes e un despois da revolución que fixo que toda a cidadanía tivese presente o que ocorría cos nosos fillos”. Incidiu en que o deporte é unha ferramenta moi importante na loita contra a drogadicción “porque axuda a previr moitas condutas adictivas”. Apuntou que todos os fondos que se recadan invístense en dous proxectos: a xestión emocional a través do teatro, e a reciclaxe das lonas en bolsos ou outros complementos de moda sostible.

O prazo de inscrición da carreira que comeza e acaba no centro comercial Vialia, e conta cun circuíto de 5 quilómetros de lonxitude, está aberto ata o mércores 29 de novembro. Os interesados poden anotarse na web: www.magmasports.es

Existen tres modalidades:

Adultos (10K ou 5K) – 11:00 / 10€
Peques – 10:00 / 2€
Andaina e ciclismo (5K) – 10:55 / 10€

Saída desde Vialia ata a Avenida Buenos Aires e volta. Dúas voltas no percorrido de 10K.

Érguete é unha entidade social que traballa na prevención e intervención de condutas adictivas

Máis

Hora

3 decembro, 2023 11:00(GMT+01:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events