
02dec09:00Documental #PutadaguapaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde09:00 Museo Verbum
Detalles do eventos
O vindeiro 2 de decembro, de 09:00h a 13:30h, tera lugar no museo Verbum a presentación do Informe ‘Radiografía de la trata en Galicia y Andalucia. En dita
Documental #Putadaguapa
O vindeiro 2 de decembro, de 09:00h a 13:30h, tera lugar no museo Verbum a presentación do Informe ‘Radiografía de la trata en Galicia y Andalucia. En dita xornada tamén presentarase ao público o documental feito no IES Carlos Casares de Vigo #Putadaguapa.
# Putadaguapa é unha peza documental que nace da necesidade de cuestionarnos e interesarnos polo que está a pasar na poboación máis nova. En Galicia, levamos unha longa traxectoria impartindo obradoiros en institutos sobre trata con fins de explotación sexual. Ademais, os datos confirman que cada vez aumenta máis o consumo da prostitución en mozos e mesmo é a súa primeira experiencia de socialización coa súa sexualidade.
Este proxecto pretende crear un material audiovisual cunha finalidade didáctica e de sensibilización, que deixa constancia daquelas reflexións, análises, capacidades críticas en dous grupos de mozos e mozas de entre 16 e 18 anos. De tal maneira, expuxéronse reflexións de forma colectiva, ao redor de temáticas relacionadas coa percepción no imaxinario social dos máis novos, acerca da Trata con fins de explotación sexual.
O resultado final xira ao redor de tres fíos argumentais e unha conclusión:
1:Trata de seres humanos con fins de explotación sexual
2: Relación entre prostitución e trata
3: A educación afectivo sexual
4: Necesidades detectadas, retos e conclusión
Xoves 2 ás 9:00
Máis
(Xoves) 09:00
Museo Verbum
Av. Samil, 17, 36212 Vigo, Pontevedra